Este proxecto consistiu en traducir ao galego o libro Producing Open Source Software, de Karl Fogel. En breve poremos a disposición pública os contidos en varios formatos. Se desexares obter máis información podes rexistrarte na rolda de correo.
Se desexas colaborar connosco non tes máis que porte en contacto connosco enviando un correo a producingoss@listas.ghandalf.org.
Ben sexas tradutor, programador ou simplemente desexes aprender cómo funciona isto do software libre serás benvido.
Tanto a web e o proxecto son xestionados pola asociación GHANDALF, asociación galega de Software Libre.