Este proxecto consistiu en traducir ao galego o libro Producing Open Source Software, de Karl Fogel. En breve poremos a disposición pública os contidos en varios formatos. Se desexares obter máis información podes rexistrarte na rolda de correo.
O proxecto poss-gl está impulsado por GHANDALF. Porén, varios tradutores alleos á asociación participan traducindo capítulos. Ver colaboradores do proxecto.
A coordinación do proxecto fíxose a través da rolda de correo pública. Ademáis, de vez en cando fixemos xantanzas de tradución que serviron tamén para encontrarnos e pasar un rato xuntos.
Cada tradutor traballou no formato que máis cómodo lle foi: así, algúns usaron ferramentas que manexan arquivos po (o principal), outros omegat e algúns outros openoffice. O obxectivo era que cada quen se atopase a gusto traducindo. A integración de todas esas fontes diversas nun só arquivo de tradución levárona a cabo os membros de GHANDALF.
Tanto a web e o proxecto son xestionados pola asociación GHANDALF, asociación galega de Software Libre.