Sobre o libro

«Creando Software Libre» é un libro que versa sobre a parte humana e sobre a parte técnica do desenvolvemento de Software Libre. Foi escrito polo experimentado desenvolvedor e xestor de proxectos Karl Fogel na súa versión en inglés. Describe como xestionar con éxito proxectos de Software Libre, as expectativas dos usuarios e dos desenvolvedores, etc. polo que é unha obra ideal para o achegamento á cultura do software libre. Este libro está liberado baixo unha licenza libre e está dispoñible para a súa descarga de balde, garantindo a túa liberdade.

Recomendámosche este libro se estás nalgún, ou varios, dos seguintes casos

  1. Se eres un desenvolvedor cuxo proxecto precisa medrar, ou que xa medrara ate tal punto que a súa xestión se está volvendo moi complexa
  2. Se estás tentando motivar a comunidade que se xerou arredor do teu proxecto, ou se estás tentando crear unha comunidade
  3. Se herdaches un proxecto e te estás a preguntar como sacalo adiante
  4. Se formas parte dun proxecto de software privativo que poida ser liberado
  5. Se queres introducirte no apaixonante mundo do Software Libre

En calquera caso, os plantexamentos e consellos, baseados na experiencia, contidos neste libro poden ser unha enorme axuda para que o teu proxecto de Software Libre teña éxito; ou simplemente poden servirche para achegarte ao asombroso mundo do software libre.

Cómo conseguir o libro en galego