Sobre o libro
«Creando Software Libre» é un libro que versa sobre a parte humana e sobre a parte técnica do desenvolvemento de Software Libre. Foi escrito polo experimentado desenvolvedor e xestor de proxectos Karl Fogel na súa versión en inglés. Describe como xestionar con éxito proxectos de Software Libre, as expectativas dos usuarios e dos desenvolvedores, etc. polo que é unha obra ideal para o achegamento á cultura do software libre. Este libro está liberado baixo unha licenza libre e está dispoñible para a súa descarga de balde, garantindo a túa liberdade.
Recomendámosche este libro se estás nalgún, ou varios, dos seguintes casos
- Se eres un desenvolvedor cuxo proxecto precisa medrar, ou que xa medrara ate tal punto que a súa xestión se está volvendo moi complexa
- Se estás tentando motivar a comunidade que se xerou arredor do teu proxecto, ou se estás tentando crear unha comunidade
- Se herdaches un proxecto e te estás a preguntar como sacalo adiante
- Se formas parte dun proxecto de software privativo que poida ser liberado
- Se queres introducirte no apaixonante mundo do Software Libre
En calquera caso, os plantexamentos e consellos, baseados na experiencia, contidos neste libro poden ser unha enorme axuda para que o teu proxecto de Software Libre teña éxito; ou simplemente poden servirche para achegarte ao asombroso mundo do software libre.
Cómo conseguir o libro en galego
- Descárgao da nosa web en formato PDF ou ODT (en breve estará tamén dispoñible na web orixinal do proxecto para consulta).
- Ponte en contacto connosco se queres obter de balde algunha das copias impresas que realizamos.